imprimir

Empresa

Historia

CARPINTERÍA ZARRISCO comezou a súa traxectoria profesional en 1975. Dende entón segue coidando con agarimo a cada un dos seus clientes.

Ao longo de 38 anos leva ofrecendo calidade nos seus traballos e deseños, cunha inmellorable relación calidade-prezo, tendo o alcance unha gran variedade de propostas. Ofrece un asesoramento continuo e unha financiación a medida.

Un equipo de profesionais altamente cualificados: carpinteiros, ebanistas, vernizadores e un deseñador de interiores, atesoran ideas claras, visión positiva, críticas construtivas, afán de superación e moita experiencia.

O desenvolvemento e a fabricación propia ofrécenos a posibilidade de personalizar ao máximo o produto final.

Empresa

  • Mobles de baño.
  • Carpintería interior: armario, estanterías, rinconeiras, escaleiras, portas de paso, recercados, contras, tarima,….
  • Carpintería exterior: tellados, porches, balcóns, portas, xanelas, galerías, cerramento de piscinas, portais, fachadas,…
  • Restauracións.
  • Reformas.